Si cerca de la biblioteca teneis un jardín ya no os faltará nada. Marco Tullio Cicerón.

















18 abr. 2017

CHARLA: FÍSICA RE-CREATIVA



O día 27 de abril o departamento de Física e Química ten  previsto realizar na biblioteca do IES unha charla sobre Física Re-Creativa: ondas e cor na ciencia, na enxeñería e na vida, impartida polo investigador da Universidade  de Vigo José Benito Vázquez Dorrío, membro da organización científica Scientix. Esperamos a todo o alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Física e Química.
Link á páxina de SCIENTIX 

15 mar. 2017

ARTE RUPESTRE GALEGA, candidata á Patrimonio da Humanidade pola UNESCO

O 14 de marzo tivo lugar no salón de actos do noso instituto a presentación da Candidatura á Patrimonio da Humanidade pola UNESCO da Arte Rupestre Galega.Presentouse o video "Gravados na rocha", realizado polo alumnado do centro baixo a dirección da profesora dona Pilar Rubio. A continuación don Buenaventura Aparicio, historiador e investigador, e don Rafael Quintía, antropólogo e divulgador deron unha conferencia sobre A ARTE RUPESTRE GALEGA, UN PATRIMONIO AMEAZADO. Os alumnos de 1º e 2º ESO colaboraron con estes actos cos seus traballos sobre arte rupestre e a biblioteca aportou volumes que permiten ampliar coñecementos sobre a materia. 



 Gracias a tod@s polo esforzo!!!



7 mar. 2017

MULLERES NA NOSA BIBLIOTECA

Co motivo da celebración do día da muller traballadora, 8 de marzo, presentamos esta escolma de mulleres escritoras e algunhas das suas obras que podes ler na biblioteca do centro. Powered by emaze

17 ene. 2017

Novidades en inglés


O ano novo trouxo algunhas interesantes novidades para a aula de inglés: Three men in a boat by Jerome K. Jerome, The Ghost teacher by Julie Hart, The legend of Sleepy Hollow by Washington Irwing, An Eskimo adventure by Katherine Daniels, Madame Doubtfire by Anne Fine, Two explorers by Arthur Taylor, People who changed the world by Eleanor Sutherland, The Hunchback of Notre Dame by Victor Hugo, Frankenstein by Mary Shelley, Jane Eyre by Charlotte Brontë.


19 dic. 2016

Recomendacións de Nadal. 2016

Aquí tedes as recomendacións de lecturas para este Nadal. Agradecemos as achegas do profesorado dos distintos departamentos e tamén as do alumnado.
Powered by emaze

14 dic. 2016

"GRAVADOS NAS ROCHAS" a nosa curtametraxe no concurso TELEARQUEOLOXÍA-2016

Ao comezo do mes de Novembro presentamos unha curtametraxe titulada "Gravados nas Rochas" sobre os petróglifos da area de Ponte Caldelas ao concurso organizado pola Deputación e o Museo de Pontevedra- TELEARQUEOLOXÍA-2016. Esta semana déronnos a nova de que fomos un dos Centros de Ensino seleccionados para a fase oficial deste concurso.Para acceder aos premios conta tanto a votación do xurado como as votacións do público.

ESPERAMOS QUE VOTES Á NOSA CURTAMETRAXE


Para emitir o teu voto tes que achegarte a páxina web do concurso e facer un "Tic" na casilla correspondente á nosa curtametraxe. (GRAVADOS NAS ROCHAS)

Fai click na imaxe das clacketas, xa irás directamente á web.

Gañadores de medo

Xa temos gañadores dos contos de medo deste curso. Parabéns ás alumnas Iria Pacheco de 1ºESOC e Irene Sequeiros de 2ºESOB. En bacharelato o mérito foi de Gabriela Amoedo e Victor Martínez.


14 nov. 2016

CONCURSO "CONTOS DE MEDO"

Lembrade que o concurso "Contos de Medo" xa comezou. Tendes aínda ata finais de novembro para presentar a vosa historia arrepiante.

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO


O mes de Novembro foi o elixido dende hai uns cursos para concederlle unha especial atención á ciencia en galego. Deixamos aquí uns enlaces interesantes e moi completos elaborados dende a Asesoria de Bibliotecas Escolares de Galicia

9 nov. 2016

BIBLIOBAC

Bota a andar BIBLIOBAC, o proxecto de animación á lectura para bacharelato deseñado polo departamento de Lingua galega en colaboración coa Biblioteca. É un servizo de autopréstamo que pretende achegarlle ao alumnado as novidades e os títulos con máis tirón lector. Os xéneros irán cambiando, de momento comezamos pola narrativa. A ler!!! -Chus Diéguez-